Un 22 de xaneiro Pancho botouse ao monte

Tal día como hoxe, un 22 de xaneiro de 1948, Francisco Martínez Leira vese obrigado a fuxir ao monte. Esta efeméride é un magnífico exemplo que esfarela o mito da Galiza submisa e adicta ao Réxime. A pesar de tentaren ocultar o mellor da nosa historia, non o conseguen. O compromiso de máis de 600 guerrilleiros e de 5000 enlaces demostran xusto o contrario. A firme vontade combativa de Pancho érguese como un facho que alumea o presente e sinala o camiño.

Será Ferrol a cidade do Estado onde é realizada a primeira greve. Nela Pancho asumirá unha forte implicación. A conseguinte represión que padece o movemento operario será o motivo que o impulsa a se sumar á guerrilla. Durante eses seis anos de militancia armada realizará diferentes accións de propaganda e sabotaxe. Farto da impunidade dos crimes fascistas, axustizará destacados asasinos. Coñecerá a morte de compañeiros como Gómez Gayoso e Seoane, dirixentes comunistas brutalmente torturados e condenados ao garrote vil. Tamén sentirá o apoio masivo e popular que lle proporcionará comida e acubillo nesta longa batalla pola liberdade.

Pancho eríxese como un referente na autoorganización do noso pobo. Contra as directrices de Moscova e París de abandonar Galiza e ir para o exilio, o noso guerrilleiro permanece fiel aos seus ideais e continúa na loita até a morte. Con trinta e oito anos será abatido por dous gardas civís nunha celada en Ombre. Acharon na súa carteira un poema titulado “Pelexamos”. Ese texto era cantado polo bando republicano e fora composto por Pedro Garfias na Valencia de 1938. Pancho morreu con ese canción no beizos “pelexamos, pelexamos”. Viviu con esa canción nos beizos.

Hoxe como Seoane e Gaioso, nin esquecemos nin perdoamos.
Hoxe como Pancho, pelexamos, pelexamos.
Esa é a mellor homenaxe que lles podemos render.

Francisco Martínez Leira, Pancho: A historia dunha fuxida sen retorno

“Tendo en conta a situación nacional e internacional, ‘botarse ao monte’ á altura do ano 1948 pode parecer unha decisión suicida e, sen dúbida, éo”.

Así comeza Lupe Martínez o artigo publicado no número 15 da Revista Eumesa de Estudos “Cátedra”, onde trata os aspectos máis importantes da vida do considerado derradeiro guerrilleiro na loita antifranquista da Galiza.

No día en que a Garda Civil o asasina após unha emboscada en Ombre, Pontedeume, foille incautado un anaco de papel que contén as estrofas dun poema titulado “Peleamos”. Deste xeito remata o estudo de Lupe Martínez sobre o xa mítico guerrilleiro:

Por los hijos que lloran nuestra ausencia
por la esposa que espera nuestro abrazo
por los hijos que esperan nuestra vuelta.

Peleamos peleamos.

Por el sol y el azul de nuestro cielo
por el suelo cansado de dar flores
por la tierra que labran nuestro brazos.

Peleamos peleamos.

Por el limpio sudor de nuestra frente
por la paz la justicia y el trabajo
por la libre República del pueblo.

Peleamos peleamos.

Peleamos por la libertad amada
contra falsos traidores y verdugos
por la España feliz de nuestros días.
Peleamos peleamos.

Ligazón do arquivo en pdf: http://catedra.pontedeume.es/15/catedra1501.pdf