A comisión pro-60 cabodano de Francisco Martínez Leira “Pancho” está formada polo Colectivo Terra, o Ateneo Eumés e familiares do homenaxeado. Esta comisión considera a figura de Pancho portadora de valores exemplares en calquera sociedade democrática. Foi solidario coa xente máis débil e máis necesitada. Defendeu a democracia, mesmo coas armas na man, tentando repoñer a legalidade republicana. Solidariedade, democracia e antifascismo son valores cidadáns nos que se asentan os países máis avanzados do noso entorno europeo e por iso mesmo son promocionados desde os centros de ensino e os medios de comunicación. Polas súas características e pola súa firmeza democrática, Pancho atinxiu a categoría de mito. Esta comisión quere renderlle unha merecida homenaxe a este loitador incansábel e divulgar unha parte tan importante da nosa tradición combativa como é o do Exército Guerrilleiro de Galiza.

Texto por Marcos Abalde

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s